FESTAS E FEIRAS
Concello de Boqueixón
Festas e Feiras
Feiras-mercado
Feira-mercado de Lestedo: primeiro e terceiro domingo de mes.
Feira-mercado de Rodiño (Sergude): segundo domingo de mes.
Festa da filloa
Lestedo. Domingo de piñata.
A festa da filloa nace polo Antroido do ano 1984, converténdose co paso do tempo nunha das festas gastronómicas máis importantes da comarca, atraendo cada ano a milleiros de persoas ao campo da festa de Lestedo, lugar onde se celebra.
O produto exaltado, a filloa, é a sobremesa de antroido por excelencia que consiste nunha masa preparada a base de leite, fariña e ovos que admite diferentes formas de preparación. En Lestedo é posible degustalas soas, recheas de mel, de chourizo, etc.. As filloeiras contan que o gran segredo da súa elaboración é manter a pedra na que se elaboran as filloas sempre á mesma temperatura, para que acaden unha textura semellante ó papel de fumar.
Entroido
A parroquias de Sergude dende hai mais de 50 anos mais recentemente a de Lestedo, que recuperou esta tradición anos atrás, protagonizan o tradicional Entroido da zona da Ulla, os Xenerais do Ulla. os “Xenerais e Correos”, cos seus atrancos e os seus altos. As comparsas saen por parroquias e á fronte van os correos, en número indeterminado pero reducido, montados en elegantes cabalos e adiantados da comitiva para anunciar a súa chegada. Son a avanzada do pequeno exército parroquial que chega detrás ao mando dos xenerais. Uns e outros chaman a atención polos seus uniformes de gala e os seus tricornios cheos de plumas de cores cos que van percorrendo todas as aldeas lanzando “vivas” ós veciños e entoando cánticos que rematan có “Encontro ou Atranque”, auténtico enfrontamento verbal e rimado entre correos e xenerais de carácter satírico e burlesco que é seguido atentamente polos veciños. Á fin, impoñerase ó tino e trala dureza dialéctica chegarase a un amaño pacífico.
Na parroquia de Codeso celébrase un orixinal antroido protagonizado por unha fermosas carrozas fabricadas e decoradas polos veciños de cada aldea, convertidas en auténticos teatros ambulantes, nas que se representan escenas satíricas relativas a noticias acontecidas nos últimos meses.
[envira-gallery id=”8919″]
Festas relixiosas e verbenas
Parroquia de Boqueixón
San Vicente: o día 22 de xaneiro
San Xosé e o Santísimo: última fin de semana de agosto
Parroquia da Granxa
Romaría de San Sebastián do Pico Sacro: o día 20 de xaneiro e o último domingo de maio.
San Lourenzo: os días 10, 11 e 12 de agosto
Parroquia de Codeso
Festa das Flores: 1º ou 2º domingo de maio
San Antonio e San Paio: último domingo de xuño
Santa Baia, o Carme e o Corpus: 10, 11 e 12 de decembro
Parroquia de Donas
Santa Rita: 22 de maio.
San Pedro e o Santísimo: 29 e 30 de xuño
Parroquia de Sucira
Santa Mariña: os días 18, 19 e 20 de xullo
Parroquia de Gastrar
Santa Mariña: 18 de xullo
A Nosa Señora do Socorro: o 2 º domingo de agosto
Parroquia de Lestedo
Romaría de San Sebastián: o día 20 de xaneiro e o último domingo de maio
A Nosa Señora: 15 e 16 de agosto
Corpus Christi: domingo seguinte ao día 15 de agosto
Virxe de Lourdes: segundo domingo de setembro
Parroquia de Lamas
Santo Cristo e a Candelaria: última fin de semana de abril
A Nosa Señora: 15, 16 e 17 de agosto
Parroquia de Loureda
San Pedro, o Santísimo e o Rosario: 29 e 30 de xuño e 1 de xullo
A Nosa Señora do Carme: primeiro domingo de agosto
Parroquia de Oural
San Amaro: o día 15 de xaneiro
San Isidro: o domingo seguinte ao 15 de maio
A Nosa Señora: o 15, 16, e 17 de agosto
Parroquia de Ledesma
San Salvador: 6,7 e 8 de agosto
San Ramón: o día 31 de agosto
A Nosa Señora do Rosario: o día 7 de outubro
Parroquia de Pousada
A Pascuiña: mes de marzo
San Lourenzo: 10, 11 e 12 de agosto
Parroquia de Sergude
Festa das Flores: o 20 de maio
San Antonio e o Santísimo: segunda fin de semana de xuño
Romaría de San Bieito: segundo domingo de xullo
San Breixo: primeira fin de semana de outubro
Parroquia de Vigo
San Antonio: o día 13 de xuño
A Nosa Señora das Dores: terceiro domingo de setembro
A Nosa Señora da Saeta: cuarto domingo de setembro
Santa Baia e o Santísimo: 10 e 11 de decembro