O Programa de Transporte Escolar Compartido de Galicia, TES+BUS, é un proxecto conxunto da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo da promoción do transporte público colectivo en zonas de carácter rural.A actuación TES+BUS consiste na utilización mixta dos servizos de transporte escolar público, de tal xeito que calquera cidadán das zonas onde se implanta poderá utilizar para os seus desprazamentos as rutas destes servizos, sempre que existan prazas libres. Os cidadáns que utilicen os servizos do TES+BUS aboarán 1 Euro por cada viaxe que realicen.

O obxectivo do TES+BUS é facilitar os desprazamentos da poboación de zonas con escasos servizos de transporte público de xeito que, aproveitando o percorrido dos autobuses escolares, os habitantes dos lugares polos que estes discorren poidan acceder ás cabeceiras dos concellos onde, xunto cos centros escolares, normalmente se atopan os servizos básicos tanto administrativos, como sanitarios, etc.

O funcionamento coincidirá cos días e horarios nos que se realice o transporte escolar en cada un dos cursos escolares.

SOLICITUDES DOS INTERESADOS/AS

Con motivo de coñecer as necesidades dos/as veciños/as e así solicitar as rutas que corresponda, os/as interesados/as deberán chamar ao concello (981 51 31 15) para solicitar este servizo.

PRAZO DE SOLICITUDE:

Ata 30 de marzo de 2018.

Arriba