Resultados da apertura das ofertas 

( documento anexo ó final da páxina) 

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Apertura dos sobres B de ofertas económicas

A mesa de contratación reunirase o vindeiro día 14 de febreiro ás 13.00 h no salón de plenos do concello para abrir os sobres que conteñen as ofertas económicas. 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Empresas que se presentaron ó concurso

1. Limpiezas Germania, SL
2. Limpiezas Compostela, SL
3. Pulmar Deza, SL
4. Inespro ( Ingeniería, Estudios y Proyectos Europeos, SL)
5. Mais porvir xestión social SLU
6. Eulen, SA

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Prazo presentación ofertas 

No BOP do día 19 de xaneiro sae publicado o correspondente anuncio de licitación. O prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro día 5 de febreiro

______________________________________________________________________________________________________________________

1 Entidade adxudicadora:

  1. Organismo: Concello de Boqueixón
  2. Obtención de documentación e información:

1 Servizo de Contratación

2 Enderezo: Forte s/n 15881 Boqueixón

3 Teléfono: 981 513061

4 Fax: 981 513000

5 Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

6 Perfil do contratista: www.boqueixon.es

2 Obxecto do contrato

a Tipo: Servizo

b Descrición do obxecto: Servizo de limpeza das instalacións educativas do  Concello de Boqueixón

c Duración do contrato: 4 anos con posibilidade de ser prorrogado por outros 2 anos máis, ano a ano e, de mutuo acordo entre as partes.

d CPV( Referencia de nomenclatura): 90911000-6

3 Tramitación e procedemento:

a Tramitación: Ordinaria

b Procedemento: Aberto

c Criterios de valoración: único criterio de valoración: factor prezo.  

Oferta económica – ata 50 puntos. Calcularase aplicando a fórmula elaborada polo Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e que a Deputación da Coruña utiliza para o cálculo das puntuacións nos seus procesos de contratación ( http:/www. dicoruna.es/valoración/)

4 Tipo de licitación:

Base licitación: 26.828,48 euros/ano

IVE (21%): 5.633,98 euros/ano

Total: 32.462,46 euros/ano

Valor estimado do contrato: 107.313,92 euros

5 Garantías esixidas: Definitiva (%): 5% do importe de adxudicación

6 Requisitos específicos do contratista:

  1. a) Solvencia económica e financeira.

 Acreditarase de acordo co establecido no art. 75 do TRLCSP polo volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ao obxecto do contrato, referida ó ano de maior volume de negocio dos tres últimos anos, que deberá ser ó menos dunha vez e media o valor anual medio do contrato, para o que deberán presentarse as contas anuais aprobadas tal como establece o art. 11.4 a) do Regulamento da Lei de contratos.

  1. b) Solvencia técnica e profesional.

Acreditarase, de acordo co establecido no artigo 78 do TRLCSP, con relación ó art. 11.4.b) do Regulamento da Lei de contratos, cunha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos.Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante os correspondentes certificados expedidos polos órganos competentes.

7 Presentación de ofertas:

As propostas presentaranse dentro do prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

Lugar de presentación: no Rexistro do Concello de Boqueixón

8 Apertura de ofertas: Será no salón de plenos do Concello de Boqueixón e indicarase no perfil do contratista ( www.boqueixon.es)  a data e a hora de apertura.

Arriba