O Servizo de Prevención de Drogodependencias e condutas adictivas ten a súa localización no Concello de Boqueixón, aínda que o seu ámbito de actuación inclúe tamén os municipios de Teo e Touro.

 

As actuacións en materia de prevención de drogodependencias e condutas adictivas teñen como obxectivos:

  • Reducir a prevalencia dos consumos de bebidas alcohólicas, tabaco e drogas ilegais.
  • Intensificar os mecanismos de regulación e control sobre a promoción e venda de bebidas alcohólicas e tabaco a menores.
  • Reducir a prevalencia das adiccións sociais e condutas relacionadas.
  • Disminuír os riscos e reducir os danos para a saúde e o benestar derivados do consumo de alcohol, tabaco e drogas ilegais.

 

Os programas preventivos que se desenvolven nos tres concellos distribúense en tres áreas de actuación:

  • Ámbito escolar
  • Ámbito familiar
  • Ámbito xuvenil

 

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS

  • Forte s/n- 15881 Boqueixón
  • Horario: 9:00 – 14:30 h. (luns a venres)
  • Contacto: Tfno. 981513061-ext. 3
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

INFORMACIÓN SOBRE SUBSTANCIAS

 

MATERIAL DIDÁCTICO de PREVENCIÓN "SAÚDE NA ESCOLA"

 

ONDE ACUDIR?

 

Arriba