No DOG do día 27 de decembro de 2017 publícase a convocatoria para recoñecemento de competencias con novas prazas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171227/AnuncioG0424-191217-0003_gl.html

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.


• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 553 prazas.


– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 153 prazas.
– Novas prazas: 400 prazas.

• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 435 prazas.


– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 35 prazas.

– Novas prazas: 400 prazas.

Arriba