O pasado xoves o Concello de Boqueixón presentou o IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, o cal recolle as actuacións que se levarán a cabo no período 2018 a 2022 para a a introducción do principio de igualdade de oportunidades e non discriminación entre homes e mulleres. O documento que recolle as accións e propósitos estará a disposición de toda a veciñanza na páxina web do concello.

MANIFESTO

No mesmo acto de presentación do PIOM fíxose lectura dun manifesto con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, unha declaración de repulsa contra a violencia machista e de compromiso de loita para a súa erradicación.

Como peche da xornada presentouse a campaña municipal do 25N, “O photocall pola Igualdade”, unha ferramenta que recorda os límites e dereitos nas relacións de parella, clave fundamental para a prevención de relacións tóxicas e a construcción de relacións saudables.

20171123 132821 GRUPO2

Arriba