O concello de Boqueixón e a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, convidavos a inauguración da exposición “Querido Balbino”, o sábado 26 de outubro, ás 17:30 horas, no Centro de Interpretación do Pico Sacro situado en Cachosenande – Lestedo (Boqueixón).
Programa:
- Requinta de Xián.
- Canción historia de Galicia.
- Intervencións de:
Jesús Sanjuás, Alcalde de Boqueixón
Ovidio Rodeiro, Director Xeral de Xuventude e Voluntariado
Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura
- Sofía, agradecemento como nena galega do rural.
- A continuación descubrirase unha placa na honra de Neira Vilas, mentres se interpreta o himno galego e a lectura dunha síntese de Balbino.
- Mesa redonda onde os tres grandes amigos de Balbino; Valentín García, Alonso Montero e Neira Vilas, falaran dos segredos deste neno de aldea universal.
- Intervención presidente da Asociación.
- Canción Balbino.
- Requinta de Xián.
- Inauguración da exposición Querido Balbino.